Soño que entro nun piso e que me perdo. Os corredores son estreitos, con teitos altos. Estanterías de libros (ás veces). Infinitas (ás veces). Moquetas suaves (ás veces). Todo é moi normal pero eu estou intrigada/ agobiada (depende). Xente coñecida nas habitacións (ás veces). Algunha vez un boquete no fondo dalgunha habitación ao fondo, que dá a unha estancia escura, oculta e descoidada... un rocho?