Estaba eu nun balcón que se parecía ao da Casa do Concello de Lugo -grande, de pedra e bastante preto do chan-, mirando un grupo de persoas que ían moi apiñadas pola rúa, coma rodeando a unha persoa famosa. Ao que rodeaban era Pedro Sánchez con pelo afro canoso, estilo cantante de León Benavente. Eu pensei: "seguro que el ten quen lle corte o pelo aínda estando confinado, pero déixao medrar para conectar máis coa xente" e seguín desfrutando do sol que me daba no balcón. Cando me metín dentro acendín a tele e estaba Pedro Sánchez en directo, xa co pelo curto, queixándose de que a xente ía moi pegada a el pola rúa e iso non podía ocorrer.