Sueños de cuarentena

Polonia Nino
Espertei no océano. Había unha tormenta. A cor da auga era azul escura, case negra. Era noite. En vez de ceo alí había un espello enorme que reflictía o océano escuro. Nadaba nas ondas enormes comigo mesma. Ela nadaba ao meu carón e puiden ver que era eu. E souben que era eu tamén. Eramos dous, como os xemelgos mais eu sentín que ambos os dous eramos nós, non persoas diferentes. Aínda que houbera tormenta e que o furacán fora extremadamente ruidoso xunto cos sons dos tronos, sentínme en paz. Espertei mentres a onda alta erguíame ata o espello. O meu corazón latexaba realmente rápido. Non podía crer que fora un soño cando o sentín tan real.