Sueños de cuarentena

Viveiro Carrouchiña
Ollando ao infinito, de súpeto apareceron dúas bolboretas e comezaron a facer filigranas moi preto de min. Alí estaban para darme folgos as dúas velliñas que se me foron hai tempo. Entón, sen deixar de miralas, respirei moi fondo e sentinme tranquila e protexida porque cando se pousaron na roseira, unha ao carón da outra, imaxinei que me dicían que todo ía a saír ben. Soñei esperta, pero foi un remanso de paz e sen deixar de miralas, lancei dous bicos ao ceo.